Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia gaña máis de 3.200 habitantes no segundo trimestre do ano

Galicia gaña máis de 3.200 habitantes no segundo trimestre do ano

A poboación crece un 0,12 % grazas á chegada de persoas doutros países

En España tamén aumenta a poboación, acadando o máximo da serie histórica

Ricardo Rubio/Europa Press Ricardo Rubio/Europa Press
G24.gal 07/08/2025 10:16

Galicia gañou 3.248 habitantes no segundo trimestre do ano, situando a súa poboación nos 2.720.469 habitantes a 1 de xullo. Isto é un 0,12 % máis que nos tres meses anteriores, segundo o INE.

Este aumento debeuse unha vez máis ao aumento de persoas doutros países, 4.822 máis no segundo trimestre, compensando a caída de máis de 1.500 habitantes de nacionalidade española.

En Galicia, o 93,3 % da poboación ten nacionalidade española, un total de 2.538.002 persoas, e o 6,7 % restante ten nacionalidade estranxeira.

No último ano, Galicia gañou 14.426 habitantes, un crecemento que por suposto veu dado pola chegada de habitantes doutros países que compensaron a perda de poboación con nacionalidade española.

Así coma en Galicia, no conxunto de España tamén aumentou a poboación neste segundo trimestre un 1,04 %. Xa contaba con 49.315.949 habitantes ao 1 de xullo de 2025, o máximo da serie histórica.

No país, o número de estranxeiros aumentou en 95.277 persoas durante o trimestre, ata as 7.050.174 e a poboación de nacionalidade española aumentou en 24.534 polos procesos de adquisición de nacionalidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade