Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia estrea o reforzo vacinal para o grupo de entre 18 e 29 anos

Galicia estrea o reforzo vacinal para o grupo de entre 18 e 29 anos

O 64 % dos que conforman o grupo de 30 a 39 anos de idade recibiron a terceira dose

G24.gal 24/01/2022 14:27

De entre 30 e 39 anos vacináronse a semana pasada máis do 64% dos que conforman ese grupo de idade. Son cifras máis baixas que as dos grupos anteriores -que roldan no 90% na adherencia á terceira dose-.

Explícase, din os expertos, porque ese reforzo chega en plena sexta onda, e con incidencias moi altas nesa franxa de idade. E os positivos en covid teñen que esperar para poñer a vacina. 

Outra razón, apuntan, é que tamén foi un grupo bastante afectado na quinta onda, co que moitos aínda non cumpriron os cinco meses estipulados desde a segunda dose. 

Así as cousas, e á espera de que se cumpran eses prazos, avánzase un novo chanzo co reforzo dos de 29 a 18 anos, pero os recintos seguen abertos para que se vaian incorporando os que quedan pendentes.

As doses de reforzo en Galicia entran na xa na última quenda. A EMA, a Axencia Europea do Medicamento, aprobounas para a poboación maior de 18 anos. E ese grupo etario, de entre 18 e 29, está xa pasando polos centros de vacinación na nosa comunidade.

Hai movemento, pero algo menos ca nas fases anteriores, e as razóns son diversas.

"Pode influír o tema de que agora que estamos con esta superonda de ómociron que teñamos moita xente que estivo contaxiada e teñen que esperar catro semanas regulamentarias para poñer a dose de reforzo", explica Diego Carrizo, enfermeiro coordinador da vacinación en Expourense .

Así as cousas, os mozos acoden maioritariamente á chamada. E nótase que foron un grupo con incidencias altas. Moitos pasaron a covid nas primeiras ondas, e este reforzo é para eles a segunda dose.

O grupo anterior ten agora un 64% de cobertura co recordo vacinal. Os grupos de 40 para riba rozan o 90%. Unha diferenza que se irá diluíndo, confían as autoridades, así que se vaian cumprindo eses prazos necesarios: catro semanas desde superar a enfermidade ou cinco desde a dose anterior. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade