Galicia e Asturias avisan de que non aceptarán negociacións bilaterais sobre financiamento
Os presidentes Rueda e Barbón insisten en demandar un modelo de financiamento autonómico que prime o custo da prestación dos servizos públicos
Os presidentes da Xunta de Galicia e do Principado de Asturias son un do PP e outro do PSOE pero mateñen a mesma posición para a reforma do financiamento autonómico e deféndena con advertencias claras aos que pretendan negociala en privado.
"Empezar a falar bilateralmente destes temas, iso é a garantía de que xamáis se vai arreglar e que o resto de territorios teremos que erguernos en pé de guerra", dixo Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia.
"É que se porá en tela de xuicio a propia supervivencia de España como Estado no que haxa esa pluralidade, no que atenda de verdade os servizos coa mesma calidade. Ese é o debate e non outro", engade Adrián Barbón, presidente do Principado de Asturias.
Tamén coinciden Alfonso Rueda e Adrián Barbón na perentoria neceseidade do arco atlántico ferroviario, sen criticar por iso o de Levante pero sen admitir que se cuestione tampouco a necesidade do do Noroeste.
"A nosa disposición como Comunidade Autónoma é total e absoluta, díxenllo antes a Alfonso en privado, dígoo en público, ir pola man as tres comunidades para defender que se empece a aplicar e que se vexan realidades", afirma o presidente asturiano.
"Iso é unha cuestión de coherencia de país e de cohesión territorial e se só se fai por aí e sobre todo se só se fai a costa de non facelo aquí, o país estará... faltaralle un dos seus dous brazos e iso é fundamental", asegura Rueda.
Alfonso Rueda e Adrián Barbón coinciden tamén en que cómpre unha certa harmonicación fiscal entre as autonomías españolas. O presidente galego di que baixa o imposto do patrimonio para que os grandes investidores non marchen da comunidade e o asturiano di que n o Principado pagan só 298 euros por millón, que non é tanto.