Cargando resultados...
Galicia é a segunda comunidade en certificacións de calidade turística
O presidente da Xunta participou esta mañá na entrega de diplomas
G24.gal
31/05/2024 16:42
Galicia é a segunda comunidade de toda España en número de certificacións de calidade e sostibilidade turística.
O Parador de Muxía acolleu este venres a entrega de diplomas en que participou o presidente Rueda.
O Museo de Pontevedra, o Liceo Marítimo de Bouzas, o restaurante El Oviedo, Atmos Hotel e Circuítos Galicia Viaxes recibiron tanto o Q de calidade coma o S de sostibilidade.
O aloxamento de Silleda Casa do Cacheiro recibiu a mención especial da Xunta.