Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia é a comunidade coa maior porcentaxe de vacinados coa terceira dose

Galicia é a comunidade coa maior porcentaxe de vacinados coa terceira dose

Tamén lidera a inmunización coa pauta completa

Esta fin de semana continúa a administración da dose de reforzo aos maiores de 40 anos

Na Cidade da Cultura están citadas este sábado unhas 4.100 persoas

G24.gal 08/01/2022 14:27

Galicia é a comunidade coa maior porcentaxe de poboación vacinada coa pauta completa, supera o 85 por cento, e tamén lidera a inmunización coa terceira dose en todas as franxas de idade con preto do 52 por cento.

"Estamos esperanzados de que este ano o proceso vaia rápido e moi fluído e aí están os datos, somos a comunidade que máis vacina, e esa é unha moi boa noticia deste comezo de ano", di Eva Domínguez, membro do equipo de coordinación da vacinación na Cidade da Cultura.

Esta fin de semana continúa a vacinación coa dose de reforzo ao grupo de idade de entre 40 e 49 anos. Este sábado no Gaiás, en Compostela, están citadas unhas 4.100 persoas en quendas de mañá e tarde. Tamén teñen unha nova oportunidade outros tramos de idade.

Marga, unha das convocadas, recibiu o SMS que a citaba na Cidade da Cultura para recibir a terceira dose, contounos que marchou sen ela. Hai pouco deu positivo en coronavirus.

"Recibín o SMS citándome para hoxe, pero pasei a covid en decembro e agora teño que esperar catro semanas para recibir a terceira dose"

Desde a coordinación da vacinación fan un chamamento a que os convocados respecten, na medida do posible, o día e a hora que teñen fixados na citación.

"Por un lado, está o punto libre de vacinación para os que non recibiron a primeira ou a segunda dose, poden vir sen cita. Pero os do tramo de 40 a 49 anos para a terceira dose teñen que vir se é posible no seu día e hora, o que non quere dicir que de non ser así lles vaiamos negar a vacinación", lembra Eva Domínguez, membro do equipo de coordinación da vacinación na Cidade da Cultura.

O domingo continúa a administración da dose de reforzo aos maiores 40 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade