Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia detecta o primeiro caso da subvariante de ómicron coñecida como silenciosa

Galicia detecta o primeiro caso da subvariante de ómicron coñecida como silenciosa

É unha persoa da área sanitaria de Vigo 

Están en estudo outros quince casos, todos relacionados entre si 

G24.gal 07/02/2022 08:06

Os síntomas da ómicron silenciosa son semellantes aos dunha gripe leve. E a pesar do nome da variante, detéctase igual, tanto con PCR como con antíxenos. 

O primeiro caso confirmado en Galicia é o dunha persoa da área sanitaria de Vigo e están en estudo outros quince, todos relacionados entre si. Na área de Vigo e tamén na de Santiago.

O único distinto desta nova variante, segundo algúns estudos, é que pode ser máis contaxiosa que a ómicron maioritaria pero non é máis grave, ao contrario, todo indica que é máis leve e responde igual ás vacinas e anticorpos. 

A sexta vaga da pandemia segue en descenso en Galicia.  Este domingo o Sergas notificou 3.080 contaxios diarios, unha das cifras máis baixas deste ano. Hai algo máis de 57.600 persoas pasando a enfermidade, son 2.700 menos que no informe anterior. 

En cambio, aumentaron notablemente as hospitalizacións, con 48 ingresos máis. En total hai 690 persoas pasando a enfermidade no hospital, e delas 46 están na UCI.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade