A Xunta convoca case 1.400 prazas para educación de aquí a 2023
Ás 2.628 prazas convocadas este ano e que xa están en marcha sumaranse 1.155 prazas no ano 2023 mediante un concurso de méritos e outro de oposición para cubrir 125 vacantes que favorecerá as persoas interinas
A Consellería presentará as dúas ofertas este martes aos sindicatos
Xa se coñecen os datos definitivos para as vindeiras oposicións de Educación en Galicia. O próximo 18 de xuño comeza a proba para os opositores que optan ás 2.618 prazas por oposición tradicional.
O executivo central marca como meta unha temporalidade por debaixo do 8 % para 2024. Galicia completará o proceso no 2023 cun 6 % de mestres interinos. Para iso convocaranse un concurso de méritos con 1.155 prazas e un concurso-oposición con 125.
Desde a Consellería critican que o executivo central obrigue a convocar dous procesos cando se podería facer nunha proba única. En total, en Galicia serán case 4.000 os mestres que terán a súa praza o ano que vén.