Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia contará cun Centro de Control e Prevención de Enfermidades

Galicia contará cun Centro de Control e Prevención de Enfermidades

O proxecto responde á necesidade de reforzo das estruturas da Dirección de Saúde Pública derivadas da experiencia da covid

Tamén permitirá a retención e captación de talento, a través de novas fórmulas de provisión de persoal

G24.gal 17/10/2022 18:49

O Centro Galego de Control e Prevención de Enfermidades busca a excelencia na vixilancia epidemiolóxica e tamén protexer e mellorar a saúde e a seguridade dos cidadáns.

Entre os seus estarán a implantación de estratexias que permitan o mellor control da enfermidades, así como contribuír á preparación do sistema público de saúde de Galicia ante riscos e ameazas.

Tamén se impulsará o traballo en rede coas entidades sanitarias, académicas e de investigación, apostando polo emprego de ferramentas baseadas na intelixencia artificial.

Así, a Consellería de Sanidade potenciará “un traballo en rede que estea á vangarda en ciencia, calidade e seguridade” e incidirá nunha resposta rápida aos gromos, a posta en marcha de accións temperás e estratexias de prevención apropiadas e inmediatas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos