Galicia comeza a semana restando casos activos e contaxios diarios
Soben lixeiramente os ingresos en planta e nas UCI
O Sergas notificou dous decesos por mor da covid
Os casos activos seguen baixando (-298) despois de tres xornadas de subidas tras o Entroido. En total, hai 16.725 persoas con coronavirus en Galicia.
Pola súa parte, os contaxios diarios baixan con respecto a onte e rexístranse 1.371 nas últimas 24 horas. É o maior incremento en dúas semanas.
A repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:
A Coruña: 3.387 (+37)
Vigo: 3.077 (-80)
Ourense: 2.257 (+18)
Santiago: 2.930 (-87)
Lugo: 2.002 (-105)
Pontevedra: 2.070 (-20)
Ferrol: 928 (-55)
En canto á ocupación hospitalaria, esta aumenta lixeiramente tanto nas UCI (+3) como en planta (+2). en total, hai 331 persoas hospitalizadas, 397 e 34 respectivamente.
Con todo, o Sergas notificou dous decesos por mor da covid, que alzan a cifra a 3.127 falecementos desde o inicio da pandemia.
Mapas de incidencia por concellos