Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia enteira celebra o Día de Rosalía

Galicia enteira celebra o Día de Rosalía

Música, ofrendas e recitais para honrar á escritora galega máis universal no 185 aniversario do seu nacemento

G24.gal 23/02/2022 21:00

Toda Galicia celebrou hoxe o aniversario do nacemento de Rosalía con diversas actividades.

Dado que a descuberta dun documento notarial nos permite saber que a data exacta do seu nacemento é o 23 e non o 24 de febreiro, hoxe foi unha xornada de celebración a través de actos por todo o país que lembraron a súa figura e a súa transcendencia. Aquí na Escola Oficial de Idiomas de Vigo puidemos escoitar a Rosalía de Castro  en sete idiomas distintos. 

"Soyukasisén" quere dicir "airiños" en xapónes. Rosalía foi unha poeta tan grande que o mundo enteiro cabe nos seus versos. Iso quixo demostrar toda a comunidade educativa da Escola de Idiomas viguesa, implicada con recitais e música nesta festa de aniversario, e tamén da lingua, da cultura e da identidade. 

E quen abrangue un planeta, navega oceános de tempo. A poeta fala de nós, seres do século XXI. 

Representantes da cultura, da política e da sociedade galega participaron na lectura pública organizada en Vigo pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e O Castro no mesmo lugar en que se imprimiu "Cantares Gallegos" o 17 de maio de 1863.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade