Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Pontón chama á mocidade "rebelde e inconformista" a sumarse ao BNG para un Galicia "con futuro"
A portavoz nacional participou na homenaxe que Galiza Nova fai a Rosalía e a Castelao cada 24 de xullo
                        EFE/Xoán Rey
            
                            G24.gal
                        
                            24/07/2024 20:50
                        
                        
                                Última actualización 24/07/2024 21:00
                        
                        
                    
                    Como cada 24 de xullo, Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, homenaxeou a Rosalía e mais a Castelao.
No acto, Ana Pontón, chamou toda a mocidade "rebelde e inconformista" a sumarse ao BNG para construír, dixo a portavoz nacional, unha Galicia con futuro na que non haxa que escoller entre precariedade ou emigración.
Fronte aos que acusan a xente nova de ser "moi cómoda", Ana Pontón destacou a mocidade que hai "preparada e comprometida" que pelexa por unha "sociedade inclusiva, diversa e tolerante".