Publicador de contidos

Publicador de contidos

Conversa con Antón Santamarina e Mercedes Peón no Día das Letras Galegas dedicado ás cantareiras

Conversa con Antón Santamarina e Mercedes Peón no Día das Letras Galegas dedicado ás cantareiras

Antón Santamarina: "Moitas das pandeireteiras eran analfabetas, pero deixaron unha gran pegada na literatura oral"

Santamarina: "Cantador e público antes era practicamente a mesma cousa"

Mercedes Peón: "Popular e o se populariza e tradicional é o que se crea colectivamente"

Peón: "'Somos pandeireteiras' é un espazo que pon as pandereiteras no centro e debater como queremos seguir existindo"

G24.gal 17/05/2025 16:06

Ai daqui para a miña terra
todo é camiño chan-e
todo son cravos e rosas
postos pola miña man-é

Poderiamos estar días escoitando as coplas, as cantigas das mullereres, transmisoras e creadoras da poesía oral e de todo un legado literario e cultural que brillou mesmo nos Séculos Escuros da nosa lingua.

Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a elas. Prudencia, Asunción, Manuela, Adela, Teresa, Rosa, Adolfina, Eva..., son oito das que cantaban porque querían, porque cantar era, dalgunha maneira, un acto de rebeldía, de complicidade coas compañeiras, un xeito de creación e de transmisión de nais a fillas, das avoas ás netas.

Contaba Francisca de Mazaricos que "os homes cando non conseguían unha moza, ás veces pasábanlle a navalla á pandeireta para non houbese foliada". Pero sempre había un coiro no que seguir tocando.

Testemuños coma estes e sobre todo centos e centos de cantigas recolleron Dorothe Schubarth e Antón Santamarina nos sete volumes do Cancioneiro Popular Galego. Hoxe conversamos con el e con Mercedes Peón, musica, pandeireteira e probablemente unhas das persoas que máis se marabillaron ante a beleza e a importancia deste legado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade