Cargando resultados...
Galicia Calidade: 25 anos do lema que se converteu en marca
O selo certificou en 1997 os seus primeiros produtos, que eran de Estrella Galicia, Coren e Jealsa-Rianxeira
Hoxe agrupa 150 empresas de diversos sectores
G24.gal
19/12/2022 16:33
Galicia Calidade fai 25 anos. A marca certificou os seus primeiros produtos no 1997 e hoxe son xa máis de 700 os que ampara. O selo creceu exponencialmente nos últimos anos, sempre potenciando a reputación da materia prima galega e a excelencia dos nosos produtos alén das nosas fronteiras.
E todo comezou cun anuncio. Tal foi o éxito daquela campaña de 1991 que o lema acabaría convertido en marca.