Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia administrou xa máis de 900.000 doses de reforzo da vacina contra a covid

Galicia administrou xa máis de 900.000 doses de reforzo da vacina contra a covid

A adherencia nas terceiras doses das persoas de entre 60 e 69 anos achégase xa ao 82%

Comezaron a administrar as terceiras doses aos de 50-59 na maioría das áreas sanitarias

G24.gal 13/12/2021 14:52

Nos vacinódromos seguen as xornadas de portas abertas. Persoas de grupos de idade anteriores (60-69) que quedaron pendentes, os que recibiron Janssen e deben poñer unha vacina de reforzo ou os mariñeiros seguen a vacinarse nos grandes recintos. 

Pero a maioría dos convocados de hoxe son persoas de entre 50 e 59 anos. Había doses dispoñibles e esa foi a razón, explican dende o Sergas, de ir adiantando a súa vacinación. É un proceso -din en Sanidade- que xa vai obter o visto e prace na Comisión de Saúde Pública desta mesma semana.

Entre os que asistiron hoxe aos grandes recintos hai persoal esencial (profesores, policías ou bombeiros) pero desta vez acoden convocados por criterio de idade.

Algúnscontan que aínda que tiveron un pequeno malestar coas primeras doses non faltan á cita da terceira pensando no ben común.

"Queren inmunizarse cara ao Nadal e estar seguros. A asistencia é boa", explica Eva Domínguez, coordinadora da sala de vacinación da Cidade da Cultura


A maioría dos galegos e galegas de entre 60-69 xa recibiron o reforzo. A adherencia foi do 81,7%.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade