Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gabri Veiga afronta con optimismo o reto do Bernabeu

Gabri Veiga afronta con optimismo o reto do Bernabeu

"Non agardaba a miña explosión, pero benvida sexa", comentou o xogador días antes de visitar o campo dun dos seus pretendentes

G24.gal 20/04/2023 20:19

A aparición de Gabri Veiga está chamando a atención dos mellores equipos do continente. Un deles é o Real Madrid, que o ten nos seus pensamentos como unha opción de presente e futuro. O porriñés visita esta fin de semana o Santiago Bernabeu disposto a amosar as súas cualidades en beneficio do Celta. 

O centrocampista confesou estar "moi motivado por xogar ante o Real Madrid para resarcirnos da derrota do último partido contra o Mallorca". Gabri Veiga recoñece que non agardaba a súa explosión, pero "benvida sexa", e confesou que estar en Primeira e ser titular no Celta era "un soño". 

Os retos deportivos para o canteirán son "conseguir canto antes os puntos necesarios para a permanencia" e a partir de aí "ir semana a semana vendo ata onde podemos chegar". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade