Publicador de contidos

Publicador de contidos

Franco Cervi: "Aproveitamos as ocasións e pechamos moi ben atrás"

Franco Cervi: "Aproveitamos as ocasións e pechamos moi ben atrás"

O arxentino valora positivamente o xogo olívico nas dúas áreas

G24.gal 02/01/2022 21:10

Iago Aspas foi o gran protagonista da vitoria do Celta no Villamarín tras anotar os dous goles, pero houbo varios xogadores que amosaron unha das súas mellores versións da temporada. É o caso de Franco Cervi, que atendeu a Radio Galega na zona mixta do estadio hispalense.

"Estamos moi contentos pola vitoria. Tivemos as nosas ocasións e aproveitamos. Logo estivemos moi serios atrás, quedamos a cero, que era un obxectivo e iso é importante. Estivemos moi sólidos. O compromiso está sempre pero hoxe estivemos sólidos e tivemos fortuna nos goles. Imos paso a paso para mellorar individualmente"

Publicidade
Publicidade
Publicidade