Publicador de contidos
Publicador de contidos

Conde: "Falta compromiso do Goberno de Sánchez co proxecto de Altri"

Conde: "Falta compromiso do Goberno de Sánchez co proxecto de Altri"

O grupo luso avanza en Portugal na súa biofábrica para producir fibra celulósica

Contará previsiblemente con 130 millóns de euros con cargo aos Fondos Europeos 

G24.gal 01/04/2023 14:55 Última actualización 01/04/2023 18:33

O grupo luso Altri avanza en Portugal co proxecto da súa biofábrica de Caima, en Constancia, na que producirá fibra celulósica. Contará previsiblemente con 130 millóns de euros con cargo aos Fondos Europeos. 

Mentres, en Galicia o proxecto do mesmo grupo portugués para a construción dunha planta produtiva de biofibras de orixe forestal no municipio de Palas de Rei está paralizado á espera de poder acceder tamén aos fondos europeos. Desde a Xunta culpan o Goberno central de falta de compromiso.

"Xa pasaron oito meses desde que o presidente do Goberno Pedro Sánchez se comprometeu co presidente da Xunta de Galicia, precisamente para apoiar o proxecto de Altri con fondos europeos e seguimos sen unha resposta e sen unha realidade. Estamos ante unha situación inxusta. España está vendo como noutros países como Portugal están permitindo que os fondos europeos cheguen ás industrias e que, neste caso, Altri poida ter un financiamento nun proxecto similar que quere desenvolver en Portugal e lamentablemente en España non hai esa resposta", di Francisco Conde, vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar