Publicador de contidos

Publicador de contidos

Francia vota nas eleccións municipais na primeira gran cita electoral antes da batalla polo Elíseo

Francia vota nas eleccións municipais na primeira gran cita electoral antes da batalla polo Elíseo

Só un 19,37 % dos franceses votaron en primeira volta das municipais ata o mediodía

Unha soa volta será suficiente no 93% dos municipios, onde só se anunciaron unha ou dúas listaxes

No resto das localidades, os votantes terán que esperar á segunda volta, o domingo 22 de marzo
                

 

G24.gal 15/03/2026 15:21 Última actualización 15/03/2026 17:15

En Francia preto de 49 millóns de votantes están chamados ás urnas este domingo para a primeira volta das eleccións municipais.

Están en xogo 35.000 alcaldías e prazas clave como París, tras a retirada de Anne Hidalgo, considerada o gran bastión socialista durante a última década. Será unha proba para cada partido político, un ano antes das eleccións presidenciais de 2027.

Unha soa volta será suficiente no 93% dos municipios, onde só se anunciaron unha ou dúas listaxes. No resto das localidades, os votantes terán que esperar á segunda volta, o domingo 22 de marzo, á que concorrirán os candidatos que superaran o 10% dos votos emitidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade