Cargando resultados...
Francia é a primeira selección clasificada para oitavos no Mundial

G24.gal
26/11/2022 19:01
Francia é a primeira selección clasificada para os oitavos de final do Mundial de Qatar.
O equipo de Deschamps ofreceu unha excelente imaxe fronte a Dinamarca, pero non puido asegurar o triunfo ata o minuto 86.
Un dobrete de Mbappé valeu o triunfo e a clasificación para os franceses. O barcelonista Christensen lograra o empate a 1 nos únicos minutos de dúbida dos bleus.