Francia adianta a terceira dose e impón o teletraballo
As medidas deberán ser aprobadas pola Asemblea en xaneiro
De momento descarta as medidas drásticas, como cancelar a volta ás aulas ou o toque de recollida

O Goberno francés anunciou este luns novas medidas para frear a quinta vaga de covid, entre as que destacan a imposición do teletraballo polo menos tres días á semana así como adiantar a dose de recordo de cinco a tres meses tras as primeiras dúas inxeccións.
O primeiro ministro, Jean Castex, realizou estes anuncios despois da aprobación dun proxecto de lei en Consello de Ministros, que deberá ser aprobado pola Asemblea francesa en xaneiro.
Este texto exclúe medidas drásticas, pois de momento manterase a volta ao colexio o 3 de xaneiro de 2022 e descártase un toque de queda, aínda que si prevé a restrición das concentracións públicas.