Fran Manzanara: "O importante foron os tres puntos"
O autor do gol da vitoria departamental atendeu a Radio Galega no Cerro del Espino

Ao contrario que na temporada pasada, o Rácing de Ferrol comezou a temporada cun triunfo. Foi no feudo do Raio Majadahonda, cun tanto de Fran Manzanara no tempo de desconto.
"Tiven algunha clara na primeira metade. Mira, quedas co mal sabor de boca e ao final quedoume ese rebote aí e puiden marcar. A primeira parte tivemos moita posesión, eles non pasaron do medio do campo. Viñamos a pola vitoria e custou, porque nesta categoría sofres en todos os partidos. O importante, ao final, foron os tres puntos".
Manzanara destaca o resultado final, que fixo xustiza ao amosado polos dous equipos sobre o céspede.
"Hai veces que dominas, e non te podes relaxar. Tiñamos a idea do ano pasado no primeiro partido contra Unionistas, que dominamos pero ao final nunha contra cun penalti acabamos perdendo cero a un. Non se pode dar nada por gañado ou perdido ata o 95".