O Rácing acada un triunfo sufrido cun gol no minuto 92
Vitoria departamental en Majadahonda grazas ao gol de Manzanara (0-1) nun partido que mereceu sentenciar antes
O Rácing de Ferrol comezou a temporada na Primeira RFEF con triunfo grazas a un gol de Manzanara no tempo engadido.
O encontro tiña que estar decidido desde moito antes porque o único equipo que buscou a vitoria pero a falta de acerto impediu que o Rácing acadase un resultado máis claro.
Héber volveu a ser o elemento desequilibrante do cadro galego. As súas aparicións pola banda esquerda eran sinónimo de perigo. O extremo asistiu aos seus compañeiros en múltiples ocasións e protestou dúas caídas na área nas que reclamou penalti.
Carlos Vicente, Jon García, Álex López, Manu Justo... Moitas ocasións estragou un Rácing que no 85 viu como Jeisson tiña a mellor para o Majadahonda. Pero no 92 Fran Manzanara aproveitou un rexeite á saída dun córner para marcar e traer o triunfo para Ferrol.