Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fran Beltrán e Javi Rueda son as principais ausencias do Celta na visita ao Ludogorets

Fran Beltrán e Javi Rueda son as principais ausencias do Celta na visita ao Ludogorets

Os de Claudio Giráldez partiron esta mañá cara a Bulgaria para xogar mañá ante o Ludogorets

G24.gal 26/11/2025 12:28 Última actualización 26/11/2025 12:36

A baixa de Fran Beltrán e a de Javi Rueda son as principais novidades do Celta, coñecidas tras o adestramento realizado polo equipo na mañá deste mércores, antes de viaxar a Bulgaria para a partida fronte ao Ludogorets.

Unha gripe deixou fóra o centrocampista de Seseña, que viña de ser titular e disputar os 90 minutos ante o Alavés e súmase a unha enfermería na que segue Carlos Domínguez, que tampouco formará parte da expedición por unha escordadura lateral de nocello sufrido o 8 de novembro e que lle fixo perderse os últimos dous compromisos, tres con este.

Outra doenza de nocello deixouna atrás Hugo Álvarez, que ten a alta tras estar fóra nos últimos tres partidos do equipo, desde que sufriu un choque fortuíto con Iago Aspas no adestramento previo á visita ao Dinamo de Zagreb.

Tamén volve estar en condicións Williot Swedberg, que xa recibira este martes o alta da escordadura que sufriu coa selección de Suecia sub-21 o pasado 13 de outubro; no seu caso, son oito os duelos nos que causou baixa neste tempo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos