Publicador de contidos
Publicador de contidos

Forte oposición veciñal á construción dunha gasolineira no barrio vigués de Freixeiro

Forte oposición veciñal á construción dunha gasolineira no barrio vigués de Freixeiro

Os veciños protestan pola falta de información e a elección do emprazamento

G24.gal 12/09/2024 14:02

Veciños do barrio de Freixeiro, en Vigo, están moi molestos pola construción dunha gasolineira no lugar. Denuncian a falta de información sobre a súa creación e que non os consultasen previamente. Aseguran que e emprazamento suporá moitos problemas de tráfico.

Hai unha semana que os veciños desta zona próxima ao parque de Castrelos non tiñan noticia ningunha de que nesa leira se ía construír unha gasolineira de baixo custo, a décimo terceira na cidade de Vigo. No momento en que se comezou a limpar e a mobilizar maquinaria industrial tiveron coñecemento desa futura estación de servizo, que agora comprobaron que leva en trámites dende hai tres anos. Non entenden o segredismo.

O emprazamento nun lugar tan estreito e con tanto tráfico na baixada do Pontillón non lles parece nin moito menos o mellor. E menos aínda á veciña á que lle van construír a gasolineira na porta da súa casa.

Convocaron unha manifestación para este venres no barrio para protestar contra o que consideran un atropelo aos seus dereitos como veciños.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade