Publicador de contidos
Publicador de contidos

Formación para a reciclaxe de 200 desempregados afectados pola transición enerxética das Pontes e Meirama

Formación para a reciclaxe de 200 desempregados afectados pola transición enerxética das Pontes e Meirama

O Instituto para a Transición Xusta, organismo dependente do Ministerio, puxo en marcha os cursos para a recolocación de traballadores das centrais térmicas

G24.gal 21/02/2024 16:18

O Instituto para a Transición Xusta, organismo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, pon en marcha o seu programa de formación e recolocación de 200 persoas desempregadas afectadas pola transición enerxética das centrais térmicas coruñesas das Pontes e de Meirama, no municipio de Cerceda.

O proxecto, que ten unha duración de 24 meses, despregarase en cinco municipios en relación con Meirama: Carral, Cerceda, A Laracha, Ordes e Tordoia.

No tocante ás Pontes son 14 municipios: 11 da provincia da Coruña (Cabanas, A Capela, Cerdido, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Ortigueira, As Pontes, San Sadurniño e As Somozas) e tres concellos da provincia de Lugo (Muras, Vilalba e Xermade). Poderán participar os traballadores excedentes das centrais térmicas rexistradas na bolsa de emprego do organismo do Ministerio, así como os maiores de 52 anos desempregados empadroados nalgún dos municipios dos convenios de transición xusta.

O primeiro curso programado en Galicia é de xestión de residuos, que se imparte  desde este mércores en Cerceda.

A oferta de cursos está adaptada ás necesidades do mercado laboral en cada zona e céntranse en materias como a instalación de enerxía solar e enerxía eólica, vixilancia ambiental con drons, xestión de residuos e rehabilitación enerxética.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar