Publicador de contidos

Publicador de contidos

Folgoso do Courel, último dos concellos galegos cun PXOM adaptado á lei

Folgoso do Courel, último dos concellos galegos cun PXOM adaptado á lei

111 municipios xa dispoñen dunha norma urbanística acorde á legalidade

Feijóo destaca que un millón de galegos viven nun municipio cun plan que lles garante un "urbanismo seguro"

Feijóo preside a aprobación definitiva do PXOM de Folgoso do Courel Feijóo preside a aprobación definitiva do PXOM de Folgoso do Courel
G24.gal 03/11/2021 14:59

Folgoso do Courel é dende hoxe un dos 111 concellos galegos cun PXOM adaptado á lei vixente. Por primeira vez os seus mil habitantes disporán dun documento que guiará nas próximas décadas onde se pode edificar, construír vias e que espazos hai que protexer, e que servirá tamén, di Alberto Núñez Feijóo, para fixar poboación e impulsar un turismo sostible.

O presidente da Xunta defende o traballo que leva facendo o seu executivo nos últimos 12 anos para ordenar o territorio. "No 2009 había 77 concellos sen ningún tipo de ordenación; hoxe quedan quince hai 15, aos que lles facilitamos se o precisan o 100 % do custo do planeamento para financialo con fondos propios da comunidade. Estamos, polo tanto, cun urbanismo seguro, que non dá lugar a pleitos ou a demolicións", aseverou.

Feijóo avanzou que nas próximas semanas a Xunta aprobará un plan estratéxico para Os Ancares e O Courel, dotado con tres millóns de euros, para protexer a paisaxe e desenvolver a economía de doce concellos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade