Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sector do metal da provincia de Lugo vai á folga para pedir un novo convenio colectivo

O sector do metal da provincia de Lugo vai á folga para pedir un novo convenio colectivo

Os sindicatos falan dun alto seguimento dos paros, mentres que a patronal do sector di que foi escaso

G24.gal 10/05/2023 14:42

Non hai acordo é no sector do metal da provincia de Lugo, que está desde hoxe en folga para pedir un novo convenio colectivo. Os sindicatos cifran o seguimento en torno ao 80 por cento, mentres a patronal asegura que é moi escaso. 7.000 traballadores estaban chamados a secundar o paro en toda a provincia. 

Os piquetes informativos protagonizaron incidentes no interior de dúas empresas do polígono industrial do Ceao. Francisco Dorado, propietario de Recambios Fraín, conta que entraron na empresa unhas duascentas persoas rompéndolle un cristal da porta e ameazando ao persoal que estaba traballando. 

Pola súa parte José Luis López,  secretario xeral CCOO industria Lugo, di que condenan a violencia pero "consideran inverosimil que na empresa que máis traballadores do metal ten da provincia ningún estea disposto a secundar o paro e a reivindicar mellora salarial".

As negociacións están enquistadas pola reivindicación de subas salariais segundo o IPC e incluído o pagamento íntegro dos atrasos correspondentes do ano pasado.

O seguimento foi superior ao 80 por cento, segundo os sindicatos, e insignificante, segundo a patronal. Este mes están convocadas outras dúas xornadas de folga: os días 23 e 25.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade