Publicador de contidos

Publicador de contidos

Florecen dous nenúfares xigantes na Fundación Sales de Vigo

Florecen dous nenúfares xigantes na Fundación Sales de Vigo

É a primeira vez que a planta bota dous exemplares xuntos neste xardín botánico

G24.gal 31/08/2022 20:33

A variedade Victoria Cruziana é un dos nenúfares máis raros do mundo e na Fundación Sales de Vigo acaban de florecer dous exemplares xuntos. 

Á planta nacéronlle varias flores no que levamos de verán, pero nunca antes, nos seus nove anos de vida neste xardín botánico, botara dúas ao mesmo tempo.

No día e medio que dura o seu ciclo, primeiro son brancas e despois mudan a cor rosa e a súa aparición adoita ser imprevisible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar