Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Fiscalía investiga se os municipios afectados polo lume contan con plans de prevención

A Fiscalía investiga se os municipios afectados polo lume contan con plans de prevención

A pesar das diversas causas que poden levar a un incendio, cren que a non aplicación destes plans é un motivo de peso para que se dese esta situación

(Carme Ripollés/Europa Press) (Carme Ripollés/Europa Press)
G24.gal 21/08/2025 10:14

A Fiscalía do Medio Ambiente e Urbanismo instou os fiscais provinciais da área a comprobar que nos municipios máis afectados polos incendios contan con plans de prevención.

Así o comunicou cun escrito dirixido a todos os fiscais remitido o pasado luns o fiscal xefe da área especializada, Antonio Vercher.

Para Vercher, a situación que se está a sufrir é debido á ausencia ou á aplicación improcedente dos plans de prevención de incendios, segundo o comunicado.

Por iso, insta os fiscais provinciais a esixir responsabilidades penais a quen non elaborou estes plans cando tiña que facelo. Apunta tamén que, nos casos en que a actuación non implique delito, poden informar a Administración sancionadora que corresponda.

Con todo, tamén recoñece que os incendios forestais adoitan ter varias causas e agrávanse por factores completamente alleos, como o debate político, que non fan máis ca complicar máis a situación.

Por iso insiste en que existe unha obriga por parte do Ministerio Fiscal que fai que teñan que ter en conta aspectos aos que tradicionalmente non se adoita facer alusión.

Fontes fiscais precisan que todos os anos esta Fiscalía envía escritos á rede de fiscais delegados para que se adopten medidas encamiñadas a previr os incendios.

Segundo a misiva do pasado luns, en febreiro fíxose o informe anual onde se reitera que a prevención dos incendios forestais é unha prioridade para a Fiscalía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade