Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fiscalía e Avogacía rexeitan apartar as acusacións do caso das xoias de Zapatero

Fiscalía e Avogacía rexeitan apartar as acusacións do caso das xoias de Zapatero

A Avogacía do Estado considera que a dimensión pública do caso xustificaría que cidadáns ou entidades lexitimadas poidan promover a acción penal desde a perspectiva do interese xeral

Europa Press / Ignacio Lopez Isasmendi Europa Press / Ignacio Lopez Isasmendi
G24.gal 13/07/2026 16:47

A Fiscalía Anticorrupción e a Avogacía do Estado opuxéronse á petición do expresidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero de apartar as acusacións populares, lideradas polo PP, da peza separada do caso Plus Ultra na que se investiga o achado de xoias valoradas en 1,3 millóns de euros nunha caixa forte atopada na súa oficina.

No seu escrito ao xuíz da Audiencia Nacional José Luis Calama en resposta ao recurso de Zapatero, a fiscala Elena Lorente considera que o que pretende o expresidente do Goberno «é pechar o paso ao exercicio da acción popular antes de chegar sequera a coñecer con certeza a cualificación xurídica do delito obxecto desta peza e moito menos a coñecer a posición da Fiscalía e da acusación particular ante unha eventual petición de apertura de xuízo oral».

«O feito de que haxa un eventual prexudicado, -a Axencia Tributaria se finalmente resultase que nos atopamos ante un delito fiscal e/ou contrabando-», expón a fiscala, «non impide a actuación na fase instrutora da acusación popular».

Noutro escrito,  a Avogacía do Estado responde ao recurso que non procede opoñerse á comparecencia dunha acusación popular no procedemento, «aínda cando a Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) ostente a condición de prexudicada directa e se atope presentada exercendo a acusación particular».

«A acusación particular actúa en defensa dun interese propio derivado da condición de ofendido ou prexudicado, mentres que a acusación popular actúa en defensa do interese xeral e da correcta aplicación da lei penal. Ambas posicións poden coexistir lexitimamente dentro do mesmo procedemento», indica a Avogacía do Estado.

Neste caso, engade, «existe un prexudicado patrimonial concreto, a Facenda Pública, representada pola AEAT a través da Avogacía do Estado; e, por outra banda, tamén resulta afectado un interese colectivo ou xeral vinculado ao sostemento do sistema tributario e ao deber constitucional de contribuír ao sostemento dos gastos públicos».

«Esta dimensión pública, ao noso entender, xustificaría que cidadáns ou entidades lexitimadas poidan promover a acción penal desde a perspectiva do interese xeral», sostén.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade