Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido logo de finxir que lle tocaran 1,4 millóns na lotaría e simular o seu propio secuestro

Detido logo de finxir que lle tocaran 1,4 millóns na lotaría e simular o seu propio secuestro

O home, de 36 anos e veciño de San Fernando (Cádiz), foi detido e condenado a pagar unha multa pola situación de alarma creada

A Policía Nacional nunha imaxe de arquivo A Policía Nacional nunha imaxe de arquivo
G24.gal 15/02/2025 18:32 Última actualización 15/02/2025 19:23

Un veciño de San Fernando (Cádiz), de 36 anos, foi condenado a pagar unha multa tras ser detido na provincia de Málaga por simular o seu propio secuestro.

Durante ano e medio, finxiu que lle tocara a Bonoloto e mercou un piso, pero ao ter que asinar as escrituras e aboar a suma estipulada, optou por idear que fora retido contra a súa vontade para conseguir os cartos.

Como avanzou o Diario de Cádiz e confirmaron fontes da Policía Nacional, axentes do corpo localizaron o home na provincia de Málaga un día despois de que os seus pais e a moza denunciaran a súa desaparición, o 31 de xaneiro. 

Segundo explicaron, recibiron unha foto na que aparecía coas mans atadas e sen camiseta e logo un whatsApp cunha mensaxe de audio na que dicía que fora secuestrado. Porén, pedía que non acudisen á Policía porque os raptores ameazaran con facerlle dano.

Premio da Bonoloto falso

O home, que vivía cos seus pais, deixara o traballo tras soster que lle tocaran 1.400.000 euros na Bonoloto. Posteriormente comprou un piso en Xerez por 400.000 euros e, como non podía afrontar o pago, simulou o secuestro.

As forzas de seguridade chegaron a temer pola integridade física do home que foi localizado nunha gasolineira de Málaga poucas horas despois da presentación da denuncia.

Tras confesar que todo fora unha artimaña, detivérono acusado da simulación dun delito. Tras un xuízo rápido, foi condenado a pagar unha multa pola situación de alarma creada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade