Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fin de semana literario en Ferrol coa celebración da Feira do Libro

Fin de semana literario en Ferrol coa celebración da Feira do Libro

As librarías destacan a gran afluencia de público na primeira xornada da feira

Están organizados encontros con autores, sinatura e presentación de libros e actividades infantís 

G24.gal 22/04/2022 21:44

Ambiente animado nas casetas da Feira do Libro de Ferrol, a primeira do calendario de feiras de Galicia.

"A xente está a acercarse a todas as casetas e é bonito que tamén veñen os nenos cos pais", di Antonio Martínez da Libraría Day de Narón.

"Nótase moitisimo que a xente ten ganas de ler e está a sorprenderme que están a levar libros de gran calidade literaria", engade Alberto Pena da Libraría Estraviz.

As librarías saen á rúa e amosan a oferta literaria do momento. Novidades e tamén publicacións especializadas.

"Nós somos unha libraría especializada. Temos bastante material de manga e tamén cómic europeo e infantil", explica Ana Fernández da Libraría  Metrópolis.

Din desde as librarías que aínda se mantén o interese polo libro que agromou na pandemia. 

"O ano pasado a xente tiña moitas ganas de ler, de saír, de viaxar a través dos libros e notouse un ambiente moi bo, e este ano creo que seguimos nese ambiente", di Antón Pedreira, da Libraría Pedreira de Santiago.

Este sábado, día do libro, é a festa das librarías mais a feira estará aberta ata o domingo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade