Publicador de contidos

Publicador de contidos

Filipe VI realizará a ofrenda ao Apóstolo acompañado pola familia real

Filipe VI realizará a ofrenda ao Apóstolo acompañado pola familia real

O xefe do Estado estará presente na festividade canda a raíña Letizia, a princesa Leonor e a infanta Sofía

G24.gal 08/07/2022 11:29 Última actualización 08/07/2022 11:58

O rei Filipe VI realizará persoalmente a ofrenda ao Apóstolo Santiago o próximo 25 de xullo na catedral compostelá. Segundo confirmou o presidente da Xunta Alfonso Rueda, a Casa Real comunicou que o monarca estará presente en Santiago no Día Nacional de Galicia, acompañado polo resto da familia real: a raíña Letizia, a princesa Leonor, e a infanta Sofía.

Será a terceira ocasión consecutiva en que o rei realice a ofrenda, tras as dos anos 2020 e 2021. É habitual que o xefe do Estado acuda a este acto nos xubileos, como aconteceu o pasado, pero dáse a circunstancia de que nesta ocasión o ano santo se prorrogou por concesión do papa Francisco e por primeira vez na historia terá unha duración de dous anos, polo que non había ningunha certeza de que Filipe VI fose estar en Santiago este 25 de xullo.

Na súa ofrenda, o 25 de xullo pasado, Filipe VI apeolu á esperanza de unidade na súa invocación ao Apóstolo. Nese momento, tras máis dun ano de pandemia de covid-19, o monarca destacaba a "determinación do pobo español para superar definitivamente esta situación".

Alfonso Rueda agradeceu que o rei decidise estar en Santiago o próximo 25 de xullo, o que supón, segundo o presidente da Xunta, "un respaldo ao magnífico Xacobeo que estamos tendo neste ano 2022".

Antes desa data, o rei estará tamén en Marín, para a entrega de despachos e o acto de xura de bandeira na Escola Naval. Será o próximo día 16, festividade do Carme.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar