Cargando resultados...
Festival FFoco na Coruña: "Publicar fotolibros hoxe en día é un acto case reivindicativo"
O Festival de Fotografía da Coruña comeza este venres na Fundación Luís Seoane
Entre os convidados: Julián Barón, Brais Lorenzo, Adra Pallón, Marius Scarlat ou Ana Paes
Amador Lorenzo e Juan Varela, codirectoras do FFoco da Coruña
G24.gal
02/11/2022 17:08
O festival de fotografía da Coruña, o FFoco, un ano máis e xa van seis, é o escaparate de referencia para amosar e coñecer o estado actual da fotografía documental. E este ano as testemuñas das cicatrices na paisaxe galega son as protagonistas, incluídas 20 anos despois, as do Prestige.