Publicador de contidos
Publicador de contidos

Festa no pazo, o Breogán máis cerca de manterse na ACB

Festa no pazo, o Breogán máis cerca de manterse na ACB

Os de Mrsic xogaron cunha intensidade que os catapultou a unha vitoria plácida

G24.gal 05/05/2024 17:05

Primeiro cuarto brillante do Breogán, dos que se buscan cando estás tan necesitado, defensa agresiva e encontrando os camiños cara ao aro en ataque. Sergi García logrou 8 puntos, e Marcelinho tentaba manter o Tenerife no partido, pero o Breogán pechaba o primeiro cuarto cunha vantaxe de 13 puntos, 26-13. 

O Tenerife é un grande equipo, e atópase loitando polos playoffs da ACB, polo que as cousas non ían ser tan fáciles. O incombustible Marcelinho Huertas atacaba a zona e conseguía canastras marca da casa sobre unha perna, e asistencias propias dun mago. Malia todo o Breogán fixo un exercicio de resistencia e foise aos vestiarios cunha renda de 6 puntos, 37-31.

Dos 7 puntos aos 19 de vantaxe. Terceiro cuarto para enmarcar, cunha defensa moi boa, e conseguindo tiros abertos, e canastras fáciles cerca do aro. Nakic anotou neste cuarto os mesmos puntos que nos dous anteriores, 8, e comandou un ataque que pasaba por riba da defensa tinerfeña.

E nos derradeiros 10 minutos o Pazo converteuse nunha festa, chegando a facer a onda nas bancadas. O partido terminou cunha renda de 22 puntos, pero chegou a haber unha máxima de 26, xa que o Breogán mantivo a intensidade durante todo o partido, e o Tenerife nin encontrou o seu lugar, nin foi capaz de igualar esa garra coa que xogaron os integrantes do equipo breoganista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos