Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fernando Seoane: "Non envexo o posto de Carlos Pita nin teño intención de sentar no banco de adestrador"

Fernando Seoane: "Non envexo o posto de Carlos Pita nin teño intención de sentar no banco de adestrador"

G24.gal 01/07/2022 16:14 Última actualización 01/07/2022 16:30

Fernando Seoane é oficialmente desde hoxe exxogador do C. D. Lugo e futbolista retirado. Vaise centrar na súa paixón: a equitación, e pasou por Zona mixta para contar a súa nova vida, e repasar a de sempre, a futbolística, en que é xa historia no club das murallas.

O Lugo, o club da súa vida

"Nós estabamos de paso e o club segue" 

"Hai xogadores que foron capitáns noutros equipos como Xavi Torres, e Manu Barreiro e Rober Canella se renovan. Son boa xente, que é o importante"

"Coincidín con Nolito (no Écija Balompié) e é un encanto"

Unha nova vida, en que non hai lugar para o fútbol

Ten fillos pequenos e outros "grandes", os cabalos, por iso, non ten apenas tempo nin para ver fútbol desde hai anos

"Ás veces cando podía sentar ver un partido, xa lle quedaban dous minutos, nin paga a pena. E agora co tema dos cabalos case traballo máis ca no fútbol", conta entre risos

"A Pita non lle envexo o posto na dirección deportiva. O mundo dos representantes, esas xestións... Non me gustan. O seu móbil bota fume, non para"

"Tampouco me vexo nos bancos, o posto de adestrador é o máis difícil deste mundo"

Nafti, un adestrador capacitado

"No tema de Nafti creo que tivo un encontrón co presi, pero a nós, aínda estando dentro, escápannos cousas. Estabamos contentos con el. Adestrabamos como animais e tiña un grande espírito competitivo. Vai ser un bo adestrador para o Levante, non sei se tanto como para que lles dea para ascender, iso verase"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar