Fernández Romo: "O Rácing é un club que quixen adestrar toda a miña vida"
O adestrador madrileño xa dirixiu o equipo esta mañá
O Rácing Club de Ferrol chegou a un acordo con Guillermo Fernández Romo (Madrid, 23 de novembro de 1978) para que o adestrador madrileño dirixa o equipo ata final de tempada.
O técnico conta cunha ampla e notable traxectoria na categoría, pero, sobre todo, comparte coa nosa entidade a ambición por regresar ao fútbol profesional.
Esta mañá foi a súa presentación. O novo técnico dixo cumprir un soño.
"É un club que quixen adestrar toda a miña vida. Cheguei porque sentía. Agora que estou aquí, quero conseguir este reto. É un reto feliz e ilusionante".
O técnico madrileño deu o salto na tempada 21/22 ao Real Rácing Club, co que non só logrou o ascenso a Segunda División, senón que, con 82 puntos -25 vitorias, 7 empates e 6 derrotas-, alcanzou un rexistro histórico de puntos na liga regular que aínda non foi superado nesta categoría.