Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gabri Veiga seduce aos clubs máis poderosos da Premier League

Gabri Veiga seduce aos clubs máis poderosos da Premier League

Para o axente Félix Gende "Gabri é un caramelo, 40 millóns non son cartos para o que se move no fútbol inglés"

G24.gal 28/03/2023 13:15 Última actualización 28/03/2023 16:11

No Celta xa teñen asumido que o 30 de xuño Gabri Veiga non seguirá en Vigo. Queda por coñecer o seu destino final. O destino dun xogador que non deixa de medrar na súa progresión futbolística e no seu valor de mercado.

Felix Gende, axente de futbolistas: "Van pagar cerca da cláusula ou a cláusula enteira".

A web transfermarkt, especializada no mercado de fichaxes, multiplicou por 10 o valor de Veiga, en apenas seis meses. En setembro o valor de Gabri era de 3 millóns de euros e esta semana a súa valoración está en 30 millóns.

É a confirmación da imparable progresión do porriñés, e ollo por que os axentes creen que se mantén esta liña, o seu valor pode seguir subindo.

"Gabri Veiga é un caramelo. Non son cartos na Premier. E poderían revendelo por máis".

"Se sae, será fóra de España".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar