Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feira do Moble da Estrada: 37 anos amosando a experiencia coa madeira

Feira do Moble da Estrada: 37 anos amosando a experiencia coa madeira

Medio cento de firmas de mobiliario e decoración xúntanse na Estrada ata o 21 de setembro

G24.gal 18/09/2025 14:26

As artesas, os mobles tradicionais onde se levedaba a masa do pan, están de moda. Un símbolo da experiencia no traballo artesán da madeira e as formas tradicionais, que convive na Feira do Moble da Estrada cun espírito de innovación, que busca adaptarse tamén á nosa idiosincrasia.

Investigan para, por exemplo, mellorar as mesas extensibles, cun sistema de ferraxes que combina suavidade e resistencia. É unha novidade que se presenta hoxe para distribuír en carpinterías de toda Galicia, onde os clientes poden personalizar materiais e medidas.

Nesta feira da Estrada nótase xa a remuda xeracional. Unha empresa de Caldas que fai casas modulares, dedicábase antes só a portas e escaleiras. Hoxe, este tipo de vivendas feitas con condutores reciclados son unha alternativa ante á alza de prezos na vivenda.

O sector o do moble galego, con tradición e potencialidade, pesa moito menos que a nosa produción madeireira. Na Estrada expón como busca o seu futuro nun contexto case monopolizado polo baixo custo e a autoconstrución. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade