Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo toma posesión do seu escano no Senado

Feijóo toma posesión do seu escano no Senado

Está previsto que na próxima sesión plenaria do 7 de xuño teña lugar o primeiro cara a cara co presidente do Goberno

Feijóo promete o cargo de senador ante o presidente da cámara alta ( EFE/ Juan Carlos Hidalgo)
G24.gal 25/05/2022 10:17 Última actualización 25/05/2022 12:44

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, tomou posesión do seu escano de senador autonómico por Galicia unha vez que á primeira hora desta mañá acatou a Constitución ao comezo da sesión plenaria da cámara alta.

Como é preceptivo, o presidente do Senado, Ander Gil, preguntoulle ante un grande exemplar da Carta Magna situado no centro do hemiciclo se xuraba ou prometía acatar a Constitución, ao que el respondeu: "Si, prometo".

Gil manifestou entón que, acatando a Constitución, adquirira a condición plena de senador, deulle a benvida e estreitoulle a man, mentres os senadores do PP aplaudían con forza.

Tras el tamén acatou o outro parlamentario que onte foi designado senador autonómico polo Parlamento de Galicia, Miguel Tellado, e que na nova dirección do PP conformada por Feijóo ocupa o posto de vicesecretario de Organización Territorial.

No seu discurso, Feijóo defendeu a utilidade dun parlamentarios sereno e adulto, o traballo do control ao Goberno e ve como unha obriga debatir co presidente Sánchez. 

A incorporación de Alberto Núñez Feijóo ao Senado, unha vez que deixou a Presidencia da Xunta de Galicia tras relevar a Pablo Casado á fronte do PP, permitiralle participar na vida parlamentaria nacional desde a cámara alta.

Unha vez ao mes, o xefe da oposición terá a oportunidade de debater co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, nas sesións de control ás que acode para responder a preguntas da oposición.

Está previsto que na próxima sesión plenaria do 7 de xuño teña lugar ese primeiro "cara a cara" parlamentario entre Feijóo e Pedro Sánchez. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar