Cargando resultados...
Feijóo recupérase dunha operación por un desprendemento de retina
O PP di que está "en contacto co seu equipo e plenamente operativo"

G24.gal
31/07/2024 21:57
O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, recupérase favorablemente dunha operación á que foi sometido esta tarde a causa dun desprendemento de retina.
O PP informou desta "leve intervención médica" e asegurou que o líder popular xa está "en contacto co seu equipo e plenamente operativo".
Tras uns días de recuperación, combinará no mes de agosto descanso con axenda pública, explican as fontes do PP.