Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo propón reformar o suplicatorio para que ningún aforado do Congreso "esquive a xustiza"

Feijóo propón reformar o suplicatorio para que ningún aforado do Congreso "esquive a xustiza"

O presidente dos populares clausurou na Coruña a Interpalamentaria do partido 

Gustavo de la Paz / Europa Press
G24.gal 11/01/2026 13:15 Última actualización 11/01/2026 15:08

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este domingo que propoñerá unha reforma do suplicatorio para que non poida traducirse en que os políticos o usen para librarse da xustiza.

"A historia non amnistiará ao sanchismo e o meu Goberno tampouco", afirmou na clausura da 28ª reunión Interparlamentaria que celebrou o PP esta fin de semana na Coruña.

Ningún político, engadiu, pode ter dereito a usar o suplicatorio para librarse da xustiza nin "asegurarse a impunidade".

Segundo fontes do PP, o seu obxectivo é reformar a lei para blindar a capacidade da xustiza de investigar os posibles delitos de calquera español "por moi presidente do Goberno que sexa".

Con esta reforma, o Congreso manterá a capacidade de negar un suplicatorio pero a causa non quedará sobreseída de maneira definitiva polo que cando ese aforado deixe a acta "a causa estaralle a esperar". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade