Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo pide dignificar a política e afianzar a alternativa ao Goberno de Sánchez

Feijóo pide dignificar a política e afianzar a alternativa ao Goberno de Sánchez

G24.gal 27/05/2022 17:47

Alberto Núñez Feijóo reuniu os grupos parlamentarios do PP para marcar a acción política do partido. No hemiciclo do Senado, Feijóo trasladoulles a deputados, senadores e eurodeputados as liñas mestras da tarefa de oposición, coa vista posta no próximo calendario electoral.

O líder do PP pediulles aos seus dignificar o parlamentarismo e facer unha oposición honesta ao que considera "mal goberno" de Pedro Sánchez.

Alberto Núñez Feijóo encomendou aos seus parlamentarios a usar a oposición para amosar con "seriedade, rigor e sen circos" un proxecto que substitúa o "mal goberno" de Pedro Sánchez para ilusionar a España como fixo o socialismo de Felipe González nos 80 e José María Aznar nos 90.

Feijóo marcou as liñas principais fronte o Executivo: ser voceiros da rúa e, ante todo, amosar a súa alternativa a un Goberno ao que xa lle fan oposición os seus propios socios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade