Feijóo incorpora a Garicano, exmembro de Cs, á fundación do PP
Luis Gariano foi eurodeputado pola formación laranxa ata o ano pasado
Garicano, nunha entrevista no programa 'Bos días' da TVG
O líder do PP Alberto Núñez Feijóo incorporou o economista e exeurodiputado de Ciudadanos Luis Garicano á fundación do PP, renomeada recentemente como Reformismo21.
Garicano deixou a súa acta como representante de C's no Parlamento Europeo en xullo do ano pasado para incorporarse como profesor na Universidade de Columbia en Nova York.
Desde este luns, 22 de maio, vincúlase á fundación ideolóxica do Partido Popular, para "pór o seu coñecemento e experiencia ao dispor do proxecto do candidato do PP á presidencia do Goberno".
O equipo de Feijóo non ocultou o seu interese en fichar o economista estrela de C's, nun movemento condicionado polo contrato que este mantén coa Universidade de Columbia.