Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo gañaría a Sánchez en votos e escanos, segundo unha enquisa para El País

Feijóo gañaría a Sánchez en votos e escanos, segundo unha enquisa para El País

O PP tería 30 escanos máis ca agora, o PSOE perdería 17, Vox 1 e Unidas Podemos quedaría con 4 menos

G24.gal 04/07/2022 08:15 Última actualización 04/07/2022 14:57

Barómetro de xullo para o grupo Prisa. A enquisa apunta a que o PP freou a fuga de votos cara a Vox. O partido de ultradereira quedaría estancado e Feijóo gañaría a Pedro Sánchez en votos e escanos.

Con estes resultados, o PP tería 30 escanos máis ca agora, o PSOE perdería 17, Vox 1 e Unidas Podemos quedaría con 4 menos. O bloque da dereita (PP, Ciudadanos, Unión del Pueblo Navarro e Vox) roza a maioría absoluta, 173 escanos, pero non chega.

O barómetro de Prisa prevé que o BNG teña dous deputados, un máis que agora, e, en conxunto, os distintos partidos nacionalistas manterían os 36 escanos actuais. O electorado de esquerdas, sobre todo o socialista, é o que menos iría votar nestes momentos.

O PSOE réstalle importancia ás enquisas, din que é a foto dun momento, e defenden o labor do Goberno para responder ás necesidades dos cidadáns. Para os populares as enquisas falan alto e claro, e manifestan que os cidadáns queren políticas útiles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade