Feijóo trala imputación do exministro Montoro: "O que haxa que investigar, que se investigue"
Subliña que o seu criterio sobre a corrupción é moi claro
Neste tema di que se debe actuar da mesma maneira, sexa quen sexa o afectado

O líder do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, aproveitou a investigación ante o exministro Cristóbal Montoro para declara que o seu criterio ante a corrupción terase que investigar o que se investigue, sendo claro e asegurando que non cambia segundo a quen lle afecte.
Feijóo realizou este comentario na súa conta de X logo de que este xoves Montoro comunicase ao PP a súa decisión de abandonar o partido. Iso decidiuno logo que se lle abrise un procedemento de información ao estar investigado por un xulgado de Tarragona.
O motivo da investigación é por favorecer presuntamente a empresas fabricantes de gases industriais.
Mi criterio acerca de la corrupción es muy claro y no cambia con independencia de a quién afecte.
— Alberto Núñez Feijóo (@NunezFeijoo) July 18, 2025
Yo no hablaré ni de persecución de los jueces ni de pseudomedios. Lo que haya que investigar, que se investigue.
Así, o líder popular asegura que ten un criterio moi claro e independente da persoa á que lle afecte.
Tamén subliñou que el non falará de persecución dos xuíces nin pseudomedios nos casos de corrupción. Porén, para el é preciso investigar o que haxa que investigar.
Os populares dan a cara
Este venres, o vicesecretario de Facenda, Vivenda e Infraestruturas do PP, Juan Bravo, defendeu que os populares están a dar a cara trala imputación do exministro asegurando que Feijóo nunca se escondera.
Tamén resaltou que o líder popular non tivo a ningunha persoa imputada no seu equipo.
"Nós estamos a dar a cara, estamos a dar explicacións, o presidente Feijóo ata o mércores tivo axenda e sorprende que o diga o PSOE, cando o señor Sánchez estivo 35 días sen dar explicacións ou ten reunións con primeiros ministros das cales posteriormente non fai rolda de prensa", afirmou Bravo nunha entrevista en 'A hora da 1' de TVE.
O modo de actuación
O PP anunciou ese xoves nun comunicado que Montoro decidiu deixar a súa condición de afiliado do Partido Popular, así como de que o Comité de Dereitos e Garantías do partido lle abrirá un procedemento de información polo caso da súa imputación.
O PP fixo fincapé en diferenciar a forma de actuar de Feijóo coa de Pedro Sánchez e o PSOE, subliñando que Ábalos tardou 16 meses en saír do PSOE trala súa imputación.
"Cristóbal Montoro, que non foi nomeado nin pola actual dirección nacional nin pola anterior e que foi ministro fai máis de sete anos, tardou menos dun día en deixar de ser afiliado. Non, non somos iguais", segundo recalcaron fontes dos populares.