Feijóo anuncia protestas contra a amnistía en todas as capitais o domingo

O Partido Popular revélase contra os pactos de Sánchez para alcanzar a investidura

Rueda cifra en 400 euros o que cada galego perde co acordo entre Sánchez e os independentistas cataláns

Alberto Núñez Feijóo durante a Xunta Directiva Nacional (EFE/Mariscal) Alberto Núñez Feijóo durante a Xunta Directiva Nacional (EFE/Mariscal)
G24.gal 06/11/2023 13:11

Nun contexto de incerteza política, marcada polas reunións do Goberno en funcións cos demais partidos políticos, o PP realiza a súa Xunta Directiva Nacional. Un tema principal: a desconformidade absoluta cos pactos e a protesta pública contra eles.

O líder do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, mantense tallante en canto ás bases do pacto do PSOE con ERC. Un acordo que xa foi firmado o pasado 3 de novembro e que trae con el unhas polémicas propostas que non gustan nada en Xénova: a amnistía do procés e as quitacións da débeda catalá.

Feijóo non se mostra "amedrentado" fronte a isto e toma acción para demostrar o descontento da súa formación. Este domingo, 12 de novembro, as 12:00 horas, o Partido Popular estará nas prazas de todas as capitais de provincia de España, para protestar contra os pactos. 

"Na rúa, nos Concellos e comunidades autónomas onde gobernamos, en concellos e comunidades onde goberna a oposición para que se retrate o PSOE, coa maioría absoluta no Senado e como grupo parlamentario no Congreso; con un rotundo non á investidura de Pedro Sánchez e un rotundo si á liberdade, igualdade e dignidade dos españois", recalcou.

A isto súmaselle a participación na manifestación convocada pola sociedade civil na praza de Cibeles de Madrid, o 18 de novembro.

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, estivo na executiva nacional, e asegurou que os cartos que se lle van perdoar a Cataluña van ter que pagalos o resto de comunidades. Rueda cifra en 400 euros o que cada galego perde co acordo entre Sánchez e os independentistas cataláns

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade