Feijóo e Juanma Moreno reúnense para tratar o novo financiamento autonómico
Galicia e Andalucía queren traballar xuntas en sectores como a pesca, as enerxías renovables mariñas ou o turismo sostible
Sumar forzas entre as dúas comunidades autónomas para seguir promovendo un Camiño seguro
Alberto Núñez Feijóo mantén un encontro co presidente da Xunta de Andalucía. Enmárcase nunha rolda de contactos que está mantendo Juanma Moreno Bonilla con presidentes autonómicos para falar do novo modelo de financiamento autonómico.
O financiamento autonómico será un dos asuntos centrais desta reunión. Os presidentes galego e andaluz pídenlle ao Goberno central que o novo sistema ten que nacer do consenso e do diálogo entre todas as autonomías e que non se negocie bilateralmente entre Madrid e algunha comunidade.
Pero nesta primeira reunión institucional entre Feijóo e Moreno Bonilla haberá máis asuntos sobre a mesa. De feito, con Feijóo viaxan o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana.
Galicia e Andalucía queren traballar xuntas en sectores como a pesca, as enerxías renovables mariñas ou o turismo sostible e compartir experiencias na loita contra os incendios ou na cooperación transfronteiriza con Portugal.
Capítulo destacado terá tamén o Xacobeo, porque unha das rutas a Santiago, a Vía da Prata, nace en Andalucía.
Feijóo e Juanma Moreno falarán de como sumar forzas entre as dúas comunidades autónomas para seguir promovendo un Camiño seguro e xerador de riqueza respectando o medio.