Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fede Valverde bota o Real Madrid ás costas

Fede Valverde bota o Real Madrid ás costas

Un gol do uruguaio a dez minutos do final é decisivo para derrotar o Leipzig (2-0)

Empate sen goles do Sevilla en Dinamarca

G24.gal 14/09/2022 22:28

Tocoulle sufrir ao Real Madrid, que sacou o segundo triunfo na fase de grupos da Liga de Campións (2-0) grazas ao gol de Fede Valverde a dez minutos do final e ao de Asensio no engadido. O do Uruguaio era o segundo lanzamento dos brancos entre os tres paus en todo o partido. 

O Leipzig dominou a primeira metade, con Forsberg, Nkunku e Werner xerando moito perigo na zona de ataque. Pola contra, o Real Madrid era incapaz de xerar perigo fiándoo todo a Vinicius e Valverde. O brasileiro tivo a grande ocasión para adiantar o seu equipo no minuto 73, a primeira xogada de verdadeiro perigo do cadro español.

Logo chegaría o momento de Valverde e un gol que encamiña a clasificación para os oitavos. Xa no engadido, Marco Asensio, sacrificado por Ancelotti neste inicio da temporada, foi o encargado de marcar o segundo e sentenciar un partido máis complicado do que indicou o marcador final. 

Empate insuficiente para o Sevilla

O Sevilla non pasou do empate no campo do Copenhague, nun partido que tiña que gañar para xerar un duelo co Dortmund pola segunda posición do grupo. O equipo andaluz dominou o partido pero mantivo o nivel gris deste inicio de temporada (0-0). 

No outro partido do grupo, o City remontou ante o Dortmund e todo apunta a que o duelo directo cos alemáns vai ser determinante para un Sevilla que sumou un punto en dúas xornadas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade