Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fan falta reservas de sangue nos hospitais

Fan falta reservas de sangue nos hospitais

Os grupos A+, 0+ e 0- son os que máis se precisan

Os hospitais necesitan entre 400 e 500 doazóns diarias para realizar o seu labor

G24.gal 24/11/2022 16:18

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue anima a participar nas campañas de doazón de sangue.

As reservas dos hospitais están baixas e precísanse especialmente os grupos A+, 0+ e 0-.

Unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue percorrerán estes días os concellos e cidades galegas para conseguir as doazóns necesarias.  

Segundo un informe que trasladou o Servizo Galego de Saúde (Sergas), os hospitais necesitan entre 400 e 500 doazóns diarias para realizar o seu labor.

Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e non padeza, nin padecese, enfermidades transmisibles por vía sanguínea. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos